domingo, novembro 05, 2006

No Voz de Galicia, uma reportagem de Xesús Fraga, sobre o Porto. A ler

Imagem: Albert Olive

A gestão de Rui Rio já passou fronteiras mesmo que, alguns, não considerem «fronteira» essa linha cada vez mais imaginária que nos separa da Galiza. Xesús Fraga veio ao Porto e conta o que viu. Um dia antes do anúncio do corte de subsídios às instituições culturais da cidade e alguns dias depois da «crise» do Rivoli. A visão não é obviamente muito boa, mas aqui ficam extractos do artigo Portugal Asómase a Galicia que pode consultar, na sua versão completa, aqui.

«(...)Porque Portugal está en crise. A recesión económica e a falta de confianza nas institucións pairan sobre as conversas e asoman nos xornais. O sábado pasado, Público anunciou na súa primeira plana o retiro de ata cinco mil docentes do sistema educativo. Na páxina editorial da edición do Porto, definíase así o traballo do concelleiro de Cultura, Fernando Almeida: «Non se sabe que pensa, que proxectos defende. Que estratexia ten para esta delicada área. Almeida non aparece, non se mostra, non se expón». Cando vinte persoas se pecharon no Rivoli para falar con el sobre a privatización, silencio.»

«A XESTIÓN
Hai a quen non sorprende este silencio institucional. «En Portugal sempre se ollou esta área con desprezo. Sempre foi así e, cando non, foi unha tentativa de propaganda do réxime, inclusive o democrático». António Luís Catarino, responsable de Deriva Editores, é pesimista. Para el, o caso do Rivoli sintetiza a ausencia de ideas arredor da xestión cultural, sumida nun «populismo do que Portugal non conseguiu, ou non quixo, liberarse». «Se a cultura non vende, privatízase para dar diñeiro. Non sei se hai un exemplo que ilustre mellor a situación», laiase. Menos pesimista é a directora do festival de cine Fantasporto, Beatriz Pacheco Pereira; ela queda en «medio pesimista». «A cultura vai mal, como o resto do país, por outra parte», matiza. Segundo ela, os recortes presupostarios déixanse notar, aínda que as grandes institucións culturais sofren menos. Para os eventos con financiamento privado, como é o caso de Fantasporto, hai que seguir loitando por asegurarse os patrocinios. Pacheco dirixe a un equipo de seis persoas dende unha oficina ateigada de arquivadores, cartaces de filmes e diplomas de Tromaville. Durante a celebración do festival, os colaboradores eventuais chegan a máis dun cento. Lynch, Cronenberg ou Almodóvar presentaron os seus filmes en Fantasporto cando eran case uns descoñecidos;»

«RUMBO A BERLÍN
Malia ao fantasma da crise, os creadores portugueses non se desaniman. Outra cousa son as oportunidades para difundir o seu traballo. Por este motivo, o Serralves —que o venres abre unha amplísima exposición dedicada aos anos oitenta, con máis de 70 artistas de todo o mundo— ten previsto dedicar unha mostra anual a un novo talento portugués, segundo Ricardo Nicolau, adxunto á dirección. Nicolau confirma que os protagonistas do escenario artístico actual móvense nas mesmas coordenadas que os seus contemporáneos europeos, un feito ao que non é allea a estadía de creadores lusos en Berlín, grazas a bolsas da Fundación Gulbenkian. Segundo Nicolau, arredor de quince artistas portugueses, entre os que se contan Leonor Antunes, Rui Calçada Bastos e Noé Sendas, viven e traballan na capital xermana, onde tamén se prepara unha mostra que enfrontará aos lusos con outros pintores da súa escolla. ¿E que acontece ao regreso? «Moitos non volven», di Nicolau.»

«A EXPERIENCIA DE TRADUCIR (todo o artigo aqui)
Esta conflitiva experiencia coa tradución xa a experimentou António Luís Catarino. En Deriva publican a galegos como Antón Riveiro Coello, Xurxo Borrazás, Xabier Queipo, Ramón Caride, Xabier López López e Gonzalo Navaza, con escaso apoio institucional. Catarino sente, ademais, que o seu esforzo colleita máis críticas que satisfaccións: «Os reintegracionistas nos acusan de contribuír a ''castelanizar'' o galego, mentres que hai críticos en Portugal que nos din que as traducións dos galegos están cheas de castelanismos e nos propoñen galicismos para fuxir da nefasta influencia de España. Dinnos que os libros de Galicia non deberían ser traducidos e terían que ir acompañados de glosarios en cada páxina. Ridículo e inviable». Con todo, Deriva continuará a publicar autores galegos e valora os intercambios coas universidades de Vigo e Santiago, así como algunhas edicións bilingües. Catarino cre que hai que sentar outras bases para un verdadeiro diálogo: «Non existe unha política seria de intercambio cultural entre Galicia e Portugal».

Voz de Galicia, 3 de Novembro de 2006.

Sem comentários:

Enviar um comentário